Immagine dell'autore.

Ma. Victoria MorenoRecensioni

Autore di Anagnórise

18 opere 71 membri 6 recensioni

Recensioni

Mostra 6 di 6
Máis que un conto infantil, creo.
 
Segnalato
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Neste libro, María Victoria Moreno fai unha decidida aposta polo animalismo, cun xeito de fábula e usando unha linguaxe poética que, as veces, doe cando fala do trato aos animais por parte dalgunha xente. Un texto infantil pero que cabe ler, como todos os bos textos, a calquera idade.
 
Segnalato
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Relatos de María Victoria Moreno máis unha especie de discurso ou presentación sobre escritoras galegas. Non é un libro infantil e ainda que o estilo permanece aparece aquí unha poeta cuns relatos reivindicativos e sociais.
 
Segnalato
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Reedición do libro de María Victoria Moreno co gallo da súa dedicatoria do Día das Letras Galegas 2018. Poesía ben sinxela para crianzas pero de moita calidade. O precioso texto ven acompañado das ilustracións, case esbozadas, pero cheas de detalles de Carme Peris.
 
Segnalato
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Estas son as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un rapaz que cursa oitavo. O outro é un can que un dia aparece por ai. Ó longo do libro ocorren moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen nolas conta é Antón: as aventuras no colexio, as trasnadas dos rapaces, as rifas dos profes, a amizade con Leonardo. A verdade é que non hai tempo para aburrirse. A Antón incluso lle parece que as cousas ás veces se precipitan un pouco de máis. ¿É iso facerse adulto?
 
Segnalato
robu67 | 1 altra recensione | Nov 15, 2017 |
Mostra 6 di 6